(17/12/2009) Adultos e nenos poderán desfrutar do tradicional e esperado ‘Nadalocio’ entre o 18 de decembro e o 10 de xaneiro no recinto feiral de Pontevedra. Con actividades para todos os públicos, ‘Nadalocio’ conta cunha pista de xeo, un parque de ocio e múltiples actuacións.
(14/12/2009) A Fundación Raquel Chaves, adicada á investigación e recuperación de xogos e xoguetes antigos, mostra parte da súa colección no Museo de Pontevedra.
(18/11/2009) Diane Pernet, José Castro, Nicolás Vaudelet, Emilio Tuñón Álvarez e Luís M. Mansilla, entre outros, conforman o xurado da pasarela DEBUT09. Obradoiros, exposicións, xornadas profesionais e encontros en aberto son outras das actividades que integran a programación.
(28/10/2009) A exposición gráfica e audiovisual ‘Crónicas da represión lingüística’ aborda as consecuencias que tivo para Galicia o levantamento militar do ano 1936 a través dos relatos de persoas que viviron de primeira man a represión lingüística.
(29/09/2009) O Centro Social Caixanova acolle un ano máis a exposición que compila o traballo dos mellores fotógrafos da natureza do ano, ‘Fotógrafos da natureza 2009. Wildlife Photographer of the Year’.
(14/09/2009) O Centro Cultural de Monte Porreiro acolle, do 15 ao 29 de setembro, unha mostra que pon en valor a riqueza patrimonial dos espazos mariños protexidos da comunidade autónoma galega.
(22/07/2009) Os días 4 e 5 de setembro Pontevedra viaxa novamente ao Medievo cunha Feira Franca adicada ao ‘Amor, escarnio e maldicir’.
(04/06/2009) A Concellaría de Xuventude da Área de Dinamización Sociocultural e Deportes pon en marcha o programa de lecer e tempo libre para os meses de xullo, agosto e setembro, dirixido a persoas entre 8 a 35 anos.
(15/04/2009) O Pazo da Cultura acolle a exposición ‘Alejandro de la Sota e o Pavillón Municipal de Deportes’, promovida pola Concellería de Cultura de Pontevedra, en colaboración coa Fundación Alejandro de la Sota e a delegación provincial do Colexio de Arquitectos. Estará aberta ata o 14 de xuño.
(09/02/2009) O departamento de Xuventude da Área de Dinamización Sociocultural e Deportes pon en marcha unha nova edición do programa de lecer para as noites dos venres e os sábados de febreiro a maio.