Warning: fopen(galdestacado.inc) [function.fopen]: failed to open stream: Permission denied in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/acortaxe.php on line 201
Pontevedra Cultura

Pontevedra cultura

estás en: destaques > Varios > ‘Noites abertas 2009’
na-09-det

(09/02/2009) O departamento de Xuventude da Área de Dinamización Sociocultural e Deportes pon en marcha unha nova edición do programa de lecer para as noites dos venres e os sábados de febreiro a maio.

ACTIVIDADES DE OCIO NOCTURNO

‘Noites abertas 2009’
engadir á túa axenda Imprimir Enviar

‘Noites abertas’ é un programa dirixido a persoas comprendidas entre os 12 e os 30 anos que queiran unha alternativa de ocio para as noites da fin de semana, onde poden realizar de maneira gratuíta multitude de actividades de cinco tipos: físico-deportivas; culturais; formativas; lúdicas e especiais e de desenvolvemento persoal. Este ano ademais, realizarase unha excursión de todo un día ao skate park de Salvaterra.

O éxito das edicións anteriores de ‘Noites abertas’ convirte a esta décima edición en algo especial, que contará con actividades novas e continuará con iniciativas xa desenroladas anteriormente, como os sorteos de viaxes Interrail, de camisetas, sudadeiras e lotes de libros. Outro dos eventos esperados é o festival ‘Jam da Chicharra’, cunha oferta musical alternativa na que calquera poderá participar.

Só algunas actividades requiren inscrición
A oferta de actividades que se desenrolarán ao longo dos catro meses que dura o programa ‘Noites abertas’ é extensa e variada. En xeral, para participar en cada unha delas, o único preciso é achegarse ao lugar onde se vai a celebrar. As localizacións de ‘Noites abertas’ son: o Colexio Froebel, o Centro Cultural de Monte Porreiro, a Casa Azul, o Pavillón Multiusos, o pavillón do IES Sánchez Cantón, a praza da Peregrina, o campo de herba sintética, e os sendeiros dos ríos Lérez e Gafos.

Só un puñado de actividades, debido ás súas características, precisan de previa inscrición, que deberá realizarse chamando ao teléfono 986 84 03 67 ou enviando un correo a xuventude@pontevedra.eu. Trátase do obradoiro afectivo-sexual ‘Sen cita previa’, o obradoiro de erotismo para mulleres, as rutas nocturnas polo Gafos e o Lérez, e a excursión ao bowl de skate en Salvaterra.

Limitación de idade nalgunhas actividades
Ao igual que acontece coa inscrición, determinadas actividades e obradoiros de ‘Noites abertas’ requiren limitar a idade dos participantes que, polo xeral, deberá de estar comprendida entre os 12 e os 30 anos. Así, os xogos e manualidades, a fotografía e a lomografía están indicados para xente de 14 a 30 anos. De 16 a 30 estarán dirixidos os obradoiros de cociña, danza oriental, disfraces, velas, masaxe de pés, automaquillaxe, abalorios e metal, feltro, e os obradoiros de sexualidade e sida e ‘Sen cita previa’, así como o café coloquio co actor Celso Bugallo, que será unha das novidades desta edición. O café-coloquio terá lugar na Casa Azul o venres 20 de febreiro, e os asistentes poderán compartir conversación e experiecias cun dos actores galegos con máis relevancia a nivel estatal dos últimos anos, especialmente a partir da súa interpretación en ‘Los lunes al sol’.

Os obradoiros de erotismo para mulleres, risoterapia e masaxe tailandesa poderán realizarse por participantes entre 18 e 30 anos. O mesmo sucede coas rutas nocturnas polo Gafos e polo Lérez, nas que os menores desa idade poderán participar únicamente na compaña dun adulto.

Carné de socio
O carné de socio de ‘Noites abertas’ non é un requisito indispensable para participar delas, pero si permite entrar aos posuidores do mesmo nos sorteos que se realicen: camisetas, sudadeiras, lotes de libros e viaxes Interrail. Os sorteos serán os días 28 de febreiro, 28 de marzo, 25 de abril e 22 de maio. Por outra banda, aqueles que teñen o carné reciben información regularmente sobre as actividades organizadas polo Concello de Pontevedra para a mocidade ao longo de todo o ano.

adxuntos

ligazóns

‘Noites abertas 09’ /
Calendario de actividades /


maio /
venres 1 /

Lugar: Casa Azul
20:00-23:00 h / Carteiras de cómic
20:00-22:30 h/ Graffacólitos: obradoiro de graffiti
22:00-00:00 h / Masaxe tailandesa ***
Lugar: Centro Cultural Monte Porreiro
23:00-01:00 h / Malabares
23:00-01:00 h / Xogos e manualidades

sábado 2 /
Lugar: Casa Azul
20:00-22:30 h / Graffacólitos: obradoiro de graffiti
21:00-23:00 h/ Djembé: obradoiro de percusión
22:00-00:00 h / Masaxe tailandesa ***
Lugar: Pavillón Multiusos
23:00-01:00 h / Malabares
23:00-01:00 h / Fútbol 7: o rei da pista**

venres 8 /
Lugar: Colexio Froebel
21:00-22:30 h / Baile: aerodance
21:00-23:00 h/ Malabares: pelotas
23:00-01:00 h / Cociña: masas e pastas
Lugar: Centro Cultural Monte Porreiro
23:00-01:00 h / Malabares
23:00-01:00 h / Xogos e manualidades

sábado 9 /
Lugar: Colexio Froebel
21:00-22:30 h / Bailoterapia
21:00-00:00 h/ Automaquillaxe e autoimaxe: perfeccionamento
Lugar: Casa Azul
21:00-23:00 h / Djembé:obradoiro de percusión
Lugar: Pavillón multiusos
21:00-23:00 h / Fútbol 7: o rei da pista**

venres 15 /
Lugar: Colexio Froebel
21:00-00:00 h / Malabares: cariocas
21:00-01:00 h/ Tinguidura de camisetas
22:00-00:00 h / Risoterapia
Lugar: Casa Azul
20:00-22:30 h / Graffacólicos: obradoiro de graffiti
Lugar: Centro Cultural Monte Porreiro
23:00-01:00 h / Malabares
23:00-01:00 h / Xogos e manualidades

sábado 16 /
Lugar: Estación de autobuses
21:00-01:00 h / Ruta nocturna polo gafos: observación de insectos e chocolatada
Lugar: Casa Azul
20:00-22:30 h / Graffacólicos: obradoiro de graffiti
21:00-23:00 h / Djembé: obradoiro de percusión
Lugar: Pavillón multiusos
21:00-23:00 h / Bádminton**
21:00-23:00 h / Pista aberta baloncesto**

venres 22 /
Lugar: Colexio Froebel
21:00-00:00 h / Malabares: paus chineses
22:00-00:00 h/ Risoterapia
23:00-01:00 h / Cociña:doces
Lugar: Centro Cultural Monte Porreiro
23:00-01:00 h / Malabares
23:00-01:00 h / Xogos e manualidades
23:00 h / Sorteo de ‘noites abertas’

sábado 23 /
Lugar: Casa Azul
21:00-23:00 h / Djembé: obradoiro de percusión
Lugar: Pavillón multiusos
21:00-23:00 h / Bádminton**
21:00-23:00 h / Pista aberta baloncesto**
Lugar: Campo de herba sintética
22:00-01:00 h / Fútbol 7: o rei da pista**

venres 29 /
Lugar: Embarcadoiro da ponte dos tirantes
21:00-23:00 h / Ruta nocturna histórico-ambiental polo Lérez con chocolatada
Lugar: Centro Cultural Monte Porreiro
23:00-01:00 h / Malabares
23:00-01:00 h / Xogos e manualidades

sábado 30 /
Lugar: Exteriores do Local de música
Festival Jam da Chicharra

* Precisa inscrición previa.
** Levar roupa cómoda e calzado deportivo.
*** Levar unha esteira.

Ver o programa completo de febreiro a maio, na web de Noites Abertas.

Inscrición previa /
A través do teléfono 986 84 03 67 (de 9:00 a 15:00) ou enviando un correo a xuventude@pontevedra.eu