Warning: fopen(galdestacado.inc) [function.fopen]: failed to open stream: Permission denied in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/acortaxe.php on line 201
Pontevedra Cultura

Pontevedra cultura

estás en: destaques > Varios > ‘Nadalocio 09’
nadalocio-det

(17/12/2009) Adultos e nenos poderán desfrutar do tradicional e esperado ‘Nadalocio’ entre o 18 de decembro e o 10 de xaneiro no recinto feiral de Pontevedra. Con actividades para todos os públicos, ‘Nadalocio’ conta cunha pista de xeo, un parque de ocio e múltiples actuacións.

OCIO

‘Nadalocio 09’
engadir á túa axenda Imprimir Enviar

A cita ‘Nadalocio’ chega á súa edición número oito en Pontevedra e ten unha vez máis á pista de xeo como actividade estrela. Como novidade, este ano engádense á oferta de actividades diversos espectáculos para público familiar.

Na provincia de Pontevedra hai tres únicas pistas de xeo, sendo a da cidade do Lérez unha delas. A pista abrirá de luns a venres, de 16:30 a 23:00 horas; sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 01:00 horas. O parque de ocio abrirá todos os días de 16:30 a 21:00 horas. No exterior haberá ademais un circuíto de karts para público infantil -de 5 a 12 anos- e adulto -de 12 en adiante-.

O prezo da entrada á pista de xeo será de 6 € -1€ entrada e 5€ a pista de xeo-, e a do parque de ocio será de 3 € -1€ entrada e 2€ parque de ocio-. O parque inclúe unha gardería, obradoiros, inchables, aparatos mecánicos, aerotrín, un circuito de educación viaria e diversos espectáculos.

Actuacións e obradoiros
Todos os espectáculos do parque de ocio comezarán ás 19:00 horas. O 23 de decembro ‘O show dos pallasos’ empregará mascotas de animación e un extenso repertorio de cancións e xogos que arrancarán un sorriso no público. O 28 de decembro, o ‘Mago Rey Midas’ fará aparecer animais e acompañará o seu espectáculo familiar con altas doses de humor.

O espectáculo infantil ‘Lilla e Paspallás’ chegará ao recinto feiral o 30 de decembro, mentres que os días previos á chegada dos Reis Magos, os días 3 e 4 de xaneiro, o Carteiro Real atenderá a todos os nenos e nenas.

O 7 de xaneiro, ‘Unha de piratas’ estará protagonizada de dous piratas algo torpes cos malabares, mentres que ao día seguinte, o ‘Show de Popín Palomero’ fará aparecer pombas nos lugares máis singulares.

Os días que non haxa espectáculos, quedará instalado un ‘aerotrim’, un xiroscopio humano que porá do revés a quen nel se monte.

No parque de ocio haberá tamén tres obradoiros diarios. Globofexia, maquillaxe de fantasía, traballos con coiro, pintura ou elaboración de chapas, chaveiros e pulseiras serán algúns dos obradoiros que se irán alternando.

Máis actividades
Os nenos a partir de 5 anos poderán desfrutar tamén co touro mecánico e coa pista americana, un inchable que simula un circuito americano de adestramento con obstáculos. Haberá tamén outros inchables, un tobogán saltarín e unha casa de pelotas. E no circuito de educación vial os máis pequenos poderán aprender as principais normas de tráfico mentres se divirten.

‘Nadalocio’ pon ademais a disposición dos pais unha gardería na que deixar aos nenos ata 7 anos mentres eles desfrutan do resto das instalacións -ata un máximo de 45 minutos-.

Esta oitava edición de ‘Nadalocio’ está organizada por Diverneno, promovida polo Concello de Pontevedra e o Pazo da Cultura e patrocinada por Caixanova.

‘Nadalocio 09’ /

Pista de xeo /

Prezo: 6 € (1€ entrada e 5€ a pista de xeo)
Horario: de luns a venres, de 16:30 a 23:00 horas; sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 01:00 horas

Parque de ocio /
Prezo:
3 € (1€ entrada e 2€ parque de ocio)
Horario: todos os días de 16:30 a 21:00 horas
O parque de ocio inclúe: gardería, obradoiros, inchables, aparatos mecánicos, aerotrín, un circuito de educación viaria e diversos espectáculos.

Espectáculos infantiles /
Horario: 19:00 h
23 de decembro / ‘O show dos pallasos’
28 de decembro / ‘Mago Rey Midas’
30 de decembro / ‘Lilla e Paspallás’
3 e 4 de xaneiro / Carteiro Real
7 de xaneiro / ‘Unha de piratas’
8 de xaneiro / ‘Show de Popín Palomero’