EXPOSICIÓN
A Fundación Raquel Chaves fundouse quince anos atrás, tempo no que ten realizado un intenso labor de investigación e recuperación de xogos e xoguetes antigos e de colección para o seu estudo e divulgación dende unha perspectiva cultural e pedagóxica, ademais de lúdica.
Logo de participar en multitude de publicacións, mostras e curiosidades como a edición de selos con xoguetes nos anos 2006, 2007 e 2008, a Fundación mostra en Pontevedra parte da súa colección, que conta cun fondo lúdico de máis de 12.000 referencias.
‘Recordos de xoguete’ consta dunha selección de xogos, xoguetes e materiais da infancia e a escola das fábricas estatais máis emblemáticas e pioneiras do sector: Payá, Rico, Jyesa, Nic, Borrás, Claudio Reig, Famosa, Sauquillo, Jup, Eureka, La Mecánica Ibense, Seix y Barral, Exin, etc. Conta amais con pezas populares e artesanais, mesmo algúns procedentes doutros países, como Xapón, USA, Francia, Alemaña, Inglaterra, a antiga URSS, ou Portugal.
O fondo lúdico da Fundación Raquel Chaves é xa un referente fundamental ao tratar da historia do xoguete en Galicia e España. Que mellor época co Nadal para recuperar a memoria dos visitantes do Museo de Pontevedra. A mostra permanecerá aberta do 14 de decembro ao 10 de xaneiro, no horario habitual de exposicións temporais. Entre os días 22 de decembro e 8 de xaneiro, sen embargo, abrirá tamén as súas portas en horario de mañá.
‘Recordos de xoguete’ /
Lugar: sexto edificio do Museo de Pontevedra
Horario: do 14 de decembro ao 10 de xaneiro
de martes a venres, de 18:00 a 21:00 h*; sábados, de 11:00 a 14 e de 18:00 a 21:00 h; domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h
(*)entre o 22 de decembro e o 8 de xaneiro abrirá tamén en horario de mañá