Warning: fopen(galdestacado.inc) [function.fopen]: failed to open stream: Permission denied in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/acortaxe.php on line 201
Pontevedra Cultura

Pontevedra cultura

estás en: destaques > Varios > Exposición fotográfica de...
areas-protexidas-det

(14/09/2009) O Centro Cultural de Monte Porreiro acolle, do 15 ao 29 de setembro, unha mostra que pon en valor a riqueza patrimonial dos espazos mariños protexidos da comunidade autónoma galega.

O MAR EN FOTOGRAFÍA

Exposición fotográfica de ‘Áreas Mariñas Protexidas’
engadir á túa axenda Imprimir Enviar

‘Áreas Mariñas Protexidas’ é unha mostra itinerante elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia -CEIDA-, que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra e a confradía de pescadores San Telmo. O seu obxectivo primordial é achegar á sociedade, a través de imaxes, o concepto de Áreas Mariñas Protexidas e o valor patrimonial que supoñen.

A exposición que pode verse no Centro Cultural de Monte Porreiro en horario de 16:00 a 21:00 horas, está composta por vinte catro paneis , un audiovisual e dous displays troquelados nos que se representan os fondos mariños dun mar ben conservado e doutro explotado e degradado.

‘Áreas Mariñas Protexidas’ sensibiliza aos espectadores da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso espiritual, cultural e económico, e alerta dos graves prexuízos sufridos pola costa galega nas últimas décadas. A especulación inmobiliaria, o furtivismo, a sobrepesca ou o lixo tirado ao mar, son só algúns dos motivos da súa degradación, que fai necesaria a protección lexislativa de certos tesouros mariños.

Contidos didácticos
Considérase Área Mariña Protexida calquera zona mariña definida baixo lexislación para protexer os seus valores, que poden ser de diverso carácter: pesqueiro, conservacionista, recreacional, cultural, científico, etc.

A través de catro grandes bloques temáticos, os visitantes á mostra poden coñecer diversos eidos e características do mundo do mar en Galicia. Logo de introducirse nos recursos mariños, os problemas do mar e a pesca en Galicia, as características concretas da Áreas Mariñas Protexidas centran os contidos da exposición, con relevancia do Parque Nacional das Illas Atlánticas e os Miñarzos en Lira, Carnota.

O carácter da mostra incide na importancia da educación en valores para recuperar o patrimonio mariño. Ainda que dirixida a todas as idades e aberta ao público en xeral, os centros educativos que visiten a mostra poderán apoiarse de material didáctico axeitado a diversos cursos.

A exposición forma parte do Programa Amares para promover a explotación sostible dos recursos mariños, por acordo subscrito entre as Consellerías de Pesca e Asuntos Marítimos, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

ligazóns

‘Áreas Mariñas Protexidas’ /

Horario:
do 15 ao 29 de setembro, de 16:00 a 21:00 h
Lugar: Centro Cultural de Monte Porreiro

Visitas concertadas: os centros educativos poden realizar visitas á exposición en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas. Os interesados poden contactar co Concello de Pontevedra no teléfono 981 80 43 00 ext. 4284

Descarga de material didáctico:
http://www.ceida.org/amp