Warning: fopen(galdestacado.inc) [function.fopen]: failed to open stream: Permission denied in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/acortaxe.php on line 201
Pontevedra Cultura

Pontevedra cultura

estás en: destaques > Varios > X Feira Franca
feira-franca-09-det

(22/07/2009) Os días 4 e 5 de setembro Pontevedra viaxa novamente ao Medievo cunha Feira Franca adicada ao ‘Amor, escarnio e maldicir’.

FEIRA MEDIEVAL

X Feira Franca
engadir á túa axenda Imprimir Enviar

A décima edición da Feira Franca celébrase, como é xa tradición, na primeira fin de semana de setembro. A festa retoma o privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467 que permitía a celebración dun mercado libre de impostos na cidade de Pontevedra. O mercado podía ter un mes de duración, pero tiña que celebrarse quince días antes e quince días despois da festividade de San Bartolomeu, o 24 de agosto.

Hai xa dez anos, en 2000, o Concello de Pontevedra decidiu recuperar a memoria da cidade a través dun proxecto de dinamización do casco histórico que recrease a historia e o ambiente dunha das súas épocas máis prósperas. Así naceu a Feira Franca, que transforma por dous días Pontevedra grazas á intensa implicación da cidadanía. As rúas e prazas, as vestimentas, os costumes… todo retrocede varios séculos durante algunhas horas, sempre baixo algunha tématica especial relacionada coa época e que permita coñecer mellor a realidade social e cultural da Idade Media.

A lírica na Idade Media
A Feira Franca deste ano xira arredor do ‘Amor, escarnio e maldicir’ e, en xeral, á creación literaria naqueles tempos. Na época en que Henrique IV concede a Feira Franca a Pontevedra, o galego é o idioma ‘oficial’. Empregado nos regulamentos dos gremios e confrarías, nos testamentos, nos preitos, na vida eclesiástica e relixiosa e nos acordos do Concello, o galego era a lingua falada -e escrita- de modo normal por toda a sociedade -nobres, cregos, labregos....-.

O galego converteuse na lingua por excelencia na creación literaria, especialmente na lírica, na que destacaban os poemas de temática amorosa e satírica -de amor, de amigo, de escarnio e maldicir-. A X Feira Franca rende homenaxe aos autores desas cantigas da lírica galego-portuguesa de grande tradición oral, a través de actividades especiais relacionadas con elas, como as ‘Xornadas da Historia’.

As xornadas celebraranse os días 25, 26, 27 e 29 de agosto e contarán coa presenza de importantes expertos que tratarán diversos aspectos do idioma galego na Idade Media.

Xantares e ceas, hostalaría e mercado
A normativa da Feira Franca distingue tres ámbitos de participación na mesma que son: xantares e ceas na rúa, mercado, e hostalaría.

Os participantes en calquera dos tres ámbitos deben asumir o cumprimento íntegro da normativa, que nesta edición de 2009 mantense prácticamente igual á do ano anterior. En 2008 a organización marcou certos cambios que afectaban principalmente á coordinación da seguridade, e especialmente á utilización do lume.

En canto ás normas de ambientación, continúa a ser obrigatorio o uso dunha vestimenta, música e animación exclusivamente medieval, ademais da utilización de materiais tradicionais na vaixela e nos postos -madeira, liño, cerámica…-, ou a ocultación de calquera elemento que resulte anacrónico na hostalaría.

Receitas medievais
Todos os inscritos na Feira Franca -superan os trescentos- recibiron como agasallo un libriño de receitas medievais que a organización da festa reeditou e ampliou, logo do éxito de hai dous anos, cando foi publicado por primeira vez.

adxuntos

ligazóns

X Feira Franca /
Avance do programa /


4 de setembro / Véspera da Feira Franca
18:30 h / Pregoeiros a cabalo anuncian a feira nas prazas do centro histórico.
19:30 h / Pasarrúas de grupos de música, teatro e malabares.
21:00 h / Acto de apertura da X Feira Franca. Espectáculo de música, teatro, pirotecnia.
22:00 h / Espectáculo de monicreques coa compañía KuKas na praza da Pedreira

5 de setembro / X Feira Franca
11:00 h / Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación.
12:00 h / Desfile do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a praza da Ferraría.
17:30 e 20:00 h / Torneo medieval na praza de touros.
Durante toda a xornada haberá actuacións musicais e teatrais nas prazas; demostracións de oficios tradicionais; exhibicións de cetraría; obradoiros infantís; obradoiros de xogos tradicionais; embarcacións tradicionais; etc.