Warning: fopen(galaxendad.inc) [function.fopen]: failed to open stream: Permission denied in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/acortaxe.php on line 201
Pontevedra Cultura. Varios

Pontevedra cultura

estás en: Varios > Sóache Pontevedra
soache-det

horario:

1 de setembro de 2008

Lugar:

Espazos ao aire libre

documentos relacionados: ligazóns relacionadas:
5/5 (1 votos)

Sóache Pontevedra
engadir á túa axenda Imprimir Enviar

Dirección Xeral de Turismo / Concello de Pontevedra

Audioguías musicais en mp3 que permiten realizar unha visita á cidade de Pontevedra a través da música.



‘Sóache Galicia’ permite achegarse e coñecer o patrimonio artístico dunha forma diferente, a través da música que está relacionada con rúas, edificios ou persoeiros de Pontevedra. As audioguías permiten que a cidade se convirta nun museo en vivo e que o usuario poda consumir a cultura de maneira libre e persoal, sen estar suxeito ás visitas culturais pechadas.


O itinerario


O itinerario que abarca a audioguía ten unha duración aproximada de 90 minutos e unha lonxitude de dous kilómetros por diferentes localizacións da zona monumental. Pode seguirse xunto cun plano que indica os 27 puntos de interese musical da cidade, que se corresponden con cada unha das pistas de audio.



O percorrido fai posible visitar a casa de Manuel Quiroga, ao mesmo tempo que se escoita unha das súas pezas, ou ao famoso Coro aires da Terra interpretando a ‘Foliada da montaña’ (1904), mentres se pasea pola antiga ubicación da botica da Peregrina.



Durante os meses de verán as pistas de audio e o mapa co itinerario estiveron disponibles nas oficinas de turismo da cidade, onde os visitantes podían tomar prestado un reproductor de mp3 durante unas horas. Agora é posible descargalas dende aquí, nas súas versión en galego, castelán e inglés.

O estudo sobre o patrimonio sonoro
Á confección do itinerario chegouse despois dun longo traballo de investigación sobre a música en Pontevedra, desenrolado uns anos atrás e rematado cunha publicación en papel e outra sonora,




‘Itinerarios Histórico Musicais. Pontevedra’. Agora, as audioguías van un paso máis alá, ao abrir dunha maneira asequible e atractiva os resultados da investigación ao público en xeral.


Esta iniciativa enmárcase no proxecto ‘Soache Galicia’, desenrolado por Ouvirmos para a Dirección Xeral de Turismo, no que colabora o Concello de Pontevedra, ademais dos de Celanova, Mondoñedo e Rianxo.




Itinerario /

1. Palco da música / 2. Instituto de Ensino Medio Valle-Inclán / 3. Monumento a Manuel Quiroga / 4. Praza da Alhóndiga / 5. Teatro Principal / 6. Casa das Campás / 7. Liceo Casino / 8. Casa natal de Manuel Quiroga; Rúa Manuel Quiroga / 9. Praza do Teucro; Casa do Conde S. Román; Casa nº 1 Rúa Princesa / 10. Basílica de Santa María a Maior / 11. Casa nº 24, Rúa Isabel II / 12. Relevo do gaiteiro / 13. Casa nº 2, Rúa Isabel II; Imprenta de José e Primitivo Vilas / 14. Casa familiar de Fr. Martín Sarmiento; Rúa Padre Sarmiento / 15. Casa de Méndez Núñez; Praza de Méndez Núñez / 16. Museo de Pontevedra; Edificio Castro Monteagudo, Praza da Leña; Edificio Sarmiento, Rúa Padre Sarmiento / 17. Casa das Caras; Estudo do fotógrafo Zagala / 18. Praza da Ferrería / 19. Igrexa de San Francisco; Xardíns de Castro Sampedro / 20. Botica da Peregrina / 21. Café Moderno / 22. Xardíns de Vicenti; Antigo Campo da Feira; Circo Teatro / 23. Praza de touros / 24. Pazo da Cultura / 25. Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga / 26. Pazo de Lourizán / 27. Mosteiro de Poio


Temas musicais /


‘Danza espagnola para Violino e Piano’(3). Manuel Quiroga / Manuel Quiroga / Ouvirmos

‘Prende Salgueiriño’(6). Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra / Popular & P.Luis M. Fernández Espinosa / Ouvirmos

‘Il Trino del Diavolo’(8). Manuel Quiroga / Tartini / Ouvirmos

‘Muiñeira de Chantada’(12). Os Gaiteiros de Soutelo / Tradicional / Ouvirmos

‘Chucurruchú’(16). Xoán Tilve, Gaiteiro de Campañó / Tradicional / Museo de Pontevedra

‘Ay, Santiago, padrón sabido’(19). Mercedes Hernández-Resonet / Paio Gomes Charinho & Alfonso X/ Ouvirmos

‘Foliada da montaña’(20). Coro Aires d’a Terra de Pontevedra / Popular / Compagnie du Gramophone (1904). Ouvirmos

comentarios

podes deixar aquí os teus comentarios sobre algunha das nosas actividades e proxectos.

nome:

correo:

mensaxe:

saber máis: Espazos ao aire libre

outros eventos: Espazos ao aire libre

Varios

XI Feira Franca

Nova edición da Feira Franca adicada este ano aos "Camiñantes".