Concello de Pontevedra
Pontevedra viaxa ao Medievo cunha Feira Franca adicada ao ‘Amor, escarnio e maldicir’.A primeira fin de semana de setembro celébrase a Feira Franca, a festa que retoma o privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467 que permitía a celebración dun mercado libre de impostos na cidade de Pontevedra.
A Feira Franca transforma por dous días Pontevedra. As rúas e prazas, as vestimentas, os costumes… todo retrocede varios séculos durante algunhas horas, este ano baixo a temática ‘Amor, escarnio e maldicir’, que resalta a importancia da lírica escrita en galego na Idade Media.Avance do programa /
4 de setembro / Véspera da Feira Franca
18:30 h / Pregoeiros a cabalo anuncian a feira nas prazas do centro histórico.
19:30 h / Pasarrúas de grupos de música, teatro e malabares.
21:00 h / Acto de apertura da X Feira Franca. Espectáculo de música, teatro, pirotecnia.
22:00 h / Espectáculo de monicreques coa compañía KuKas na praza da Pedreira
5 de setembro / X Feira Franca
11:00 h / Apertura do mercado medieval e dos postos de venda de alimentación.
12:00 h / Desfile do transporte do viño a cargo da Asociación Recriativa de Xeve. Saída dos arredores do convento de Santa Clara ata a praza da Ferraría.
17:30 e 20:00 h / Torneo medieval na praza de touros.
podes deixar aquí os teus comentarios sobre algunha das nosas actividades e proxectos.
Nova edición da Feira Franca adicada este ano aos "Camiñantes".