(07/07/2010) A música é o nexo das actividades da programación das festas do verán, que comezan este mesmo sábado coa Romaría de San Bieito e a Festa da Diversidade
(10/09/2009) ‘Irreversible’ é unha exposición sobre a dobre identidade da colección Sánchez Ubiría, con obras de Bruce Nauman, Gordon Matta-Clark, Thomas Ruff, Katharina Grosse e Richard Deacon, entre outros grandes artistas contemporáneos.
(15/05/2010) As actividades previstas para o Pazo da Cultura e o Teatro Principal entre marzo e xuño de 2010 ofrecen unha ampla gama de posibilidades culturais e de lecer que dan cobertura tanto para as fins de semana como para as xornadas laborais dos catro meses.
(06/07/2009) A Fundación Caixa Galicia mostra, por primeira vez Europa, unha selección de pintura española procedente do Museo de Bellas Artes de La Habana, con pezas de Sorolla, Fortuny e Rusiñol, entre outros.
(15/06/2009) Os membros do grupo de investigación Dx7 convidan ao espectador a pensar no proceso de habitar e nas propostas de cidade que presentan na exposición na Casa das Campás, que permanecerá aberta do 12 ao 26 de xuño.
(01/06/2009) O Museo de Pontevedra acolle do 29 de maio ao 5 de xullo unha grande restrospectiva de Manuel Ruibal, 'Ruibal 1966/2008', un percorrido pola obra pictórica e escultórica do artista comisariada por Tomás Paredes.
(31/03/2009) ‘Donación García Viñolas. Colecciones MAPFRE’ é unha selección de cincuenta e sete debuxos propiedade desa Fundación que o Museo de Pontevedra expón ata o 17 de maio. Sorolla, Fortuny, Gordillo e Alberti son algúns dos artistas da mostra.
(24/02/2009) A Casa da Campás acolle do 4 ao 28 de marzo esta videoinstalación de Günter Schwaiger e Tom Lavin sobre os desaparecidos durante o franquismo.
(14/01/2009) A exposición itinerante comisariada por Xosé Manuel Buxán, composta por traballos de 8 estudantes da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, fai a súa última parada na cidade do Lérez, ao mesmo tempo que en Girona. Antes estivo en León, Madrid e Porto.
(25/11/2008) François Kollar fotografaba a roupa deseñada por Balenciaga, Coco Chanel, Hérmes ou Lanvin. As súas fotografías visten agora unhas renovadas paredes da sala de exposicións do Pazo da Cultura, que inicia unha nova etapa facendo convivir dúas mostras sobre o mundo da moda.