Pontevedra cultura

estás en: destaques> Música
Cantos de Reis 2010

Música

Cantos de Reis 2010

(28/12/2009) Os Chichisos, acompañados dun grupo de nenos e nenas de Pontevedra, percorren de novo as rúas e prazas entonando Cantos de Reis, tradicionais cancións de Nadal que a formación folclórica leva máis de dez anos recuperando.

A música de Brasil, Portugal, Cabo Verde e Galiza en ‘Cantos na Maré’

Música

A música de Brasil, Portugal, Cabo Verde e Galiza en ‘Cantos na Maré’

(28/11/2009) Tito Paris, Raquel Tavares, Fred Martins e Uxía participan nunha nova edición do ‘Festival Internacional da Lusofonía’, que se celebra o 19 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

O gospel pecha a oferta musical do ano

Música

O gospel pecha a oferta musical do ano

(17/11/2009) Da Nova Cançó ao gospel, pasando polo pop, a música da lusofonía ou a de banda. Esas son algunhas das propostas musicais da Concellaría de Cultura para o último trimestre do ano.

DUF 09

Música

DUF 09

(05/11/2009) O Encontro Internacional de Pandeiros de Mao celebra a súa sexta edición o 11, 13 e 14 de novembro con Brasil como país convidado. Unha haima na praza do Teucro será o centro do encontro, cun programa conformado por concertos, obradoiros, charlas, artesanía musical e máis.

Seminario Permanente de Jazz 2009-2010

Música

Seminario Permanente de Jazz 2009-2010

(22/09/2009) Ata o vindeiro 30 de setembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para o 9º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, que dará comezo o vindeiro 3 de outubro sendo xa unha referencia musical en Galicia.

Floorstomper Weekend

Música

Floorstomper Weekend

(15/09/2009) A quinta edición do Festival Floorstomper Weekend celebrarase na Sala Karma de Pontevedra os días 30 e 31 de outubro con cinco dos mellores Dj’s nacionais e internacionais, ademais dos concertos de Corina Greyson, The Satelliters, Santos Morcegos e Batusi.

‘Vibrasóns 09’

Música

‘Vibrasóns 09’

(08/07/2009) A terceira edición do festival ‘Vibrasóns’ será os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto na praza da Ferrería e contará cos grupos The Only Ones, Farrah, Elastic Band, Vibeke Saugestad e Choo Choo, ademais dos galegos The Soul Jacket, Froggy Mental Breakdown e Los Villanos de Boraville.

XVII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Música

XVII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

(16/06/2009) Grandes figuras internacionais conforman o programa do XVII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra, que se celebra entre o 21 e o 26 de xullo: John Scofield, Derek Truck, Esperanza Spalding e ‘Chicago blues: a living history’.

Os concertos da Peregrina

Música

Os concertos da Peregrina

(05/06/2009) As Festas da Peregrina celebraranse do 8 ao 16 de agosto. Entre esas datas actuarán de balde na praza da Ferrería Raphael, Vetusta Morla, Macaco, Amaia Montero, Moonspell, Malvela, Treixadura e Berrogüeto.

Concertos do Románico

Música

Concertos do Románico

(02/06/2009) A Fundación Rutas del Románico celebra no Teatro Principal os últimos concertos da temporada con virtuosos do violonchelo e do piano. O cuarteto Ephimere pechará a programación o vindeiro 19 de xuño.

seguintes