A Concellaría de Cultura celebrou un ano máis o Día dos Calacús, convidando aos máis pequenos a decorar cabazas nos baixos da Casa da Luz. Alí reuníronse nenos e nenas, pais e nais, e xuntos ambientaron o casco vello coas velas e as cabazas propias desta tradición celta que se celebra na noite do 31 de outubro e noutros lugares recibe o nome de Samaín.
Durante os meses de xullo, agosto e setembro, Pontevedra encheuse de actividade cultural de diversa índole. Multitude de actividades encheron as rúas de xente: o Festival de Jazz, Vibrasóns, Cinema na Lúa, Visitas teatralizadas... pero especialmente as Festas da Peregrina, celebradas entre o 9 e o 17 de agosto, e a Feira Franca, os días 5 e 6 de setembro. Algunhas das fotografías foron cedidas polo departamento de Festas do Concello de Pontevedra.
A praza de Concepción Areal dispón dende o pasado día 8 de agosto de dous singulares bancos creados polo artista galego Francisco Leiro. O escultor, de renome internacional, foi quen seleccionou esta praza para a súa ubicación definitiva, despois de ser retirados dunha perpendicular á rúa Riestra cando se cometeron obras de acondicionamento no entorno.
O XVI Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra encheu as rúas de música e de xente entre os días 17 e 26 de xullo. Ademais do xa tradicional 'Pontejazz Workshop' -este ano a cargo do Ambrose Akinmusire Quintet- e de 'Jazz pola rúa' e 'Jam-sessions', destacaron os concertos ao aire libre. Na praza do Teucro actuaron Ambrose Akinmusire Quintet e Xan Campos Quinteto, mentres que na Ferrería se subiron ao escenario Ivan Lins -con Nnenna Freelon-, Johnny Winter, Kenny Barron Trio e Janiva Magness.
O luns 21 de xullo tiveron lugar os actos de celebración da fin das obras de restauración da Capela da Virxe Peregrina e o alumeado da nova iluminación. No acto interviñeron diferentes personalidades do Concello e da Comunidade, e a Banda Municipal de Pontevedra ofreceu o 'Concerto das campás', tocando de maneira coordinada coas campás do santuario. Ao acto asistiron centos de persoas.
'Sen fronteiras. Converxencias artísticas hispanomagrebís' inaugurouse oficialmente o día 17 de xullo no novo edificio do Museo de Pontevedra e no Pazo da Cultura. No acto estiveron presentes representantes locais e autonómicos, así como altos representantes dos países do Magreb ao que se adica a Bienal: Túnez, Arxelia e Marrocos.
A partir das 19:00 h os nenos puideron desfrutar de música e animacións nas prazas da Ferrería e de Curros Enríquez. Posteriormente, o Centro Social Caixanova acolleu un acto onde interviñeron representantes das institucións e entidades que colaboraron no proxecto de reurbanización de Pontevedra nos últimos anos.
Andrés Calamaro puxo fin á edición 'Con Voz Propia' do ano 2008 cun concerto multitudinario no Recinto Feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra o pasado día 7 de xuño.
Pontevedracultura.org botou a andar oficialmente o venres 6 de xuño. A Casa das Campás, sede do vicerreitorado, acolleu o acto de presentación no que participaron a concelleira de Cultura, Universidade e Sociedade da Información, Lola Dopico, a delegada provincial da Consellaría de Industria, Montserrat Prado, e a responsable de contidos da nova web, Patricia Dopico. Canda elas tamén se xuntou unha cumprida representación do movemento asociativo e cultural pontevedrés. As fotografías son de Leandro Paz.
Concerto de CocoRosie no Auditorio do Pazo da Cultura. CocoRosie supuxo un éxito de público dentro do ciclo Con Voz Propia que organiza a Concellaría de Cultura. As fotografías son obra de Fernando Cabeza.