Alameda do arquitecto Sesmeros
Antigo Conservatorio de Música
Centro Cultural de Bora (O Pío)
Centro Cultural de Monte Porreiro
Centro Cultural Municipal de Estribela
Centro Cultural Municipal de Ponte Sampaio
Centro Cultural Municipal San Roque
Instalacións deportivas municipais
seguintes »Centro Cultural de Mourente
Fundado en 1959, no mesmo ano da constitución da sociedade, o edificio social ocupou o local da Antiga Casa dos Agricultores, queimada durante a Guerra Civil. Despois da compra de terreos anexos grazas ás contribucións de particulares, o local inicial foise ampliando ata chegar ao que é na actualidade.
As actividades iniciáronse coa celebración dun baile o día 12 de outubro de 1959. A partir de aí, o local acolle cada ano múltiples eventos organizados pola Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente: bailes, teatro, cine, música...
O centro pertence á rede de Centros Culturais Municipais do Concello de Pontevedra.
adaptación para discapacitados: si
nº espazos/aulas a disposición do usuario: 5
servizos socioculturais:Biblioteca-Cursos e obradoiros-Salón de actos
máis servizos: Cafetería
máis fondos: Bibliográficos
equipos audiovisuais: Cadea de música-TV-DVD