Warning: fopen(galindexarbore_web5.inc) [function.fopen]: failed to open stream: Permiso denegado in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/acortaxe.php on line 201
Pontevedra Cultura. Área Municipal de Cultura

Pontevedra cultura

estás en: área municipal de cultura >>liñas de actuación

liñas de actuación


Warning: mysql_connect() [function.mysql-connect]: Lost connection to MySQL server during query in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/sql.inc on line 49

Warning: mysql_select_db(): supplied argument is not a valid MySQL-Link resource in /opt/lampp/htdocs/portal_plv3/portales/293.pistalocal.int/pontevedracultura/include/sql.inc on line 64

A Área de Cultura do Concello de Pontevedra está conformada organicamente pola Concellaría de Cultura e a Concellaría de Dinamización Socio-cultural e Deportes, tendo as dúas un obxectivo común: traballar conxuntamente para que a cultura desempeñe un papel fundamental como elemento conformador da identidade colectiva e coma factor de participación social, dinamización e xeración de riqueza para Pontevedra. A través dos programas que se desenvolven procúrase o xusto equilibrio entre tradición e modernidade, entre memoria e proxecto de futuro, a prol da creación dun marco de identidade colectiva onde ver reflectida a pluralidade da cidade.

En función destes obxectivos rexémonos por unha serie de criterios centrais:

1. Diversificación da creación e difusión cultural

Este eixe vertebra todas as accións da área municipal de Cultura, deseñando e impulsando políticas culturais desde a perspectiva da cidadanía como protagonista da cultura. Ademais atende aquelas expresións culturais que son demandadas por todos os substratos cidadáns e apoia as relacións entre cultura e educación, desenvolvendo programas de animación e formación pensados, de maneira especial, para a infancia, a mocidade e os maiores; concedéndolle carácter prioritario ao apoio decidido aos grupos culturais locais.

2. Pontevedra como referente dunha cultura viva

Partimos do coñecemento de que Pontevedra vive a cultura con intensidade. O municipio posúe unha importante cultura asociacionista así como unha enriquecedora convivencia con algúns dos centros de formación que son os núcleos da creatividade máis activos de toda Galicia e que están a nutrir a produción cultural contemporánea do país, o Conservatorio de Música, a Facultade de Belas Artes, a Escola de Restauración, a Facultade de Ciencias Sociais, etc. que lle confiren á cidade un ritmo cultural único e que a dotan dun caldo de cultivo inmellorábel para a constante reactualización da propia cultura a través da relación cos movementos máis fortes do panorama internacional.

A cultura forma parte da imaxe que de si mesma quere proxectar a cidade, promovendo a especialización de Pontevedra mediante o desenvolvemento de proxectos innovadores nunha liña encetada xa con algúns dos programas máis característicos da cidade, o Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o Festival Internacional de Jazz, Vibrasóns, Pontevedra Escénica, a Feira Franca... aos que cada día se van sumando novos proxectos e iniciativas.

3. O sentido do equilibrio entre cultura e natureza como discurso cultural sostíbel

Pontevedra foi historicamente unha cidade á vangarda da cultura en Galiza. Sentímonos posuidores desa herdanza da que bebemos no presente e que coidamos especialmente para afondar e transmitir o coñecemento do noso rico patrimonio humano, cultural e natural.

Parte indisociábel da cultura de Pontevedra é a súa propia paisaxe; un contorno natural privilexiado conformado polas rías, os ríos, os montes e outras paraxes naturais en harmonía cunha urbe que busca relacionarse co seu contorno baixo o principio do respecto. Este conxunto de gran beleza e equilibrio está a pórse en valor para recuperalo como escenario privilexiado para a educación, o lecer, a promoción da actividade física e deportiva e, en definitiva, a mellora da calidade de vida da cidadanía de Pontevedra.

Mais alá dos equipamentos culturais de titularidade municipal da cidade, que son importantes, o Teatro Principal, o pazo da cultura, así como a rede de casas da cultura e centros socio culturais, a cidade de Pontevedra ao completo é un fervedoiro de cultura; as rúas as prazas son punto de encontro colectivo e marco de produción cultural.

4. Dinamización da sociedade da información

Por último unha clara conciencia da importancia de entrar con paso decidido nunha nova época marcada polos avances tecnolóxicos na comunicación que nos permiten profundar nunha sociedade aínda máis participativa e presente nos procesos colectivos que están a conformar a Pontevedra do século XXI.

Nesa dirección este xestor de contidos en forma de portal cultural é una ferramenta desenvolvida en función duna iniciativa municipal que responde á crenza de que é a nosa responsabilidade procurar a colaboración entre todos os axentes implicados, públicos ou privados, entendida en termos de complementariedade como forma de garantir o desenvolvemento cultural da poboación.

Anxos Riveiro Portela

Concelleira de Dinamización Sociocultural e Deportes

<h3>Anxos Riveiro Portela</h3>
<em>Concelleira de Dinamización Sociocultural e Deportes</em> Naceu en 1969 e é Diplomada en Relacións Laborais pola USC. Na actualidade é responsable comarcal do BNG e membro do Consello Nacional desta formación. Desempeña o labor de responsable da área municipal de Dinamización Sociocultural e Deportes, ademais de ser a portavoz do Goberno Municipal.


Lola Dopico Aneiros

Concelleira de Cultura e Universidade

<br>
<h3>Lola Dopico Aneiros</h3>
<em>Concelleira de Cultura e Universidade</em> Nada en 1970, cursou estudos de Belas Artes na Universidade de Salamanca, onde obtivo a licenzatura. Posteriormente tamén obtería o doutoramento nesta mesma disciplina poa Universidade de Vigo. Lola Dopico é, ademais, Vicedecana de Relacións Externas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e Directora dos Estudos superiores de Deseño e Moda de Galiza. Na actualidade é a responsable de Cultura e Sociedade do Coñecemento dentro do Goberno Municipal.