non hai eventos desta categoría no período de tempo elixido
O novo ciclo de cinema da Fundación Caixa Galicia céntrase na acción das aulas, mostrando o mundo da educación e a escola dende múltiples puntos de vista: a programación engloba oito filmes de diversas nacionalidades, décadas e directores.
Dende o 26 de setembro ao 3 de outubro, a Deputación de Pontevedra pon en marcha un ciclo de conferencias e cinema sobre a guerra da independencia e o modo en que o cinema español reflectiu este período, do que agora se celebra o bicentenario.
Nova edición do cinema ao aire libre na praza da Pedreira programado polo Concello de Pontevedra para as noites de verán. Animación, comedia, aventura e intriga en filmes para todos os públicos.
A Fundación Caixa Galicia adica un novo ciclo de cinema a un dos actores máis carismáticos da historia do cine, Paul Newman. A piques de cumplirse un ano do seu pasamento, este ciclo proxecta oito dos filmes imprescindibles na filmografía do actor, director, guionista e produtor.
‘Cinensino’é un proxecto educativo organizado polo Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Pontevedra que utiliza o cinema para abordar a prevención do uso de drogas na adolescencia.